2017/11/18

2017/11/15

Por fin, algunha boa nova para a Terra da man da humanidade

O ozono. Si, O3, ese é o tema da boa nova. Xa está claro que dende comezo dos anos setenta a capa de ozono atmosférico foi diminuíndo dun xeito dramático, privando á Terra da súa protección das radiacións ultravioletas, e provocando en animais e persoas diversas anomalías en latitudes altas (preferentemente do hemisferio sur), onde o efecto ten maior importancia. Mais, dende 1997, coa aplicación de tratados internacionais máis ou menos cumpridos, está a lograrse reverquer o efecto. Non de xeito tan rápido como diminuíu, mais o ozono está a aumentar. E con el a protección que nos da na alta atmosfera.
Diminución de ozono en 15 anos (84/97, esquerda) a diferentes latitudes, e aumento -menor- nos 20 anos seguintes (97/16, dereita). A fixarse que nos extremos dos gráficos, máis próximos ós polos, as variacións son maiores. Imaxe ESA.

2017/11/01

O mundo é complicado, por algo o principio de precaución

Iso do 'principio de precaución' non parece estar moi de moda. Non obstante, cada vez se ve máis a súa necesidade no complexo mundo no que vivimos. E cada vez se nota máis a súa falta en relación a cousas como o cambio climático ou o furado de ozono.
O mundo é complicado, pois as múltiples relacións que no seu interior se desenvolven poden convertir a priori calquera causa en produtora de calquer efecto, e só un estudo moi minucioso pode aportar certas garantías de que se chegará ó efecto desexado e non a outro. Estamos afeitos ás simplificacións necesarias para poder estudar, chegar a conclusións e predicir no mundo físico. E de tan afeitos, parece que nos esquezamos das simplificacións que estamos a facer. Ás veces, tamén, o esquecemento é interesado (e aí entraría a teoría de xogos para comprender a nosa actuación para tentar sacar máis melloras que os demáis, aínda con custe neto para o conxunto) pero iso non entra xa dentro das consideracións que espero traer hoxe aquí.
O caso é que nunha volta de xiro, agora resulta que o mesmo que hai sistemas que tenden a desestabilizarse máis cando se comezan a desestabilizar (aí, a liberación de grandes cantidades de CO2 polo permafrost ó aumentar a temperatura deste e desfacerse), apareceu un novo sistema que contribúe á estabilización da temperatura por captura de CO2, mitigando o efecto invernadoiro. Trataríase dos bosques boreais, a traverso dun mecanismo sinxelo: se a temperatura media sube, a súa capa verde está menos tempo cuberta pola neve, e iso implica que pode realizar a fotosíntese máis tempo, aumentando a fixación de dióxido de carbono.
Así pois, descubriuse un novo aliado no cambio climático. Iso non quere dicir que xa teñamos a vitoria, nin moito menos! Pero ao menos, da unha oportunidade máis para que demos feito os cambios necesarios para mitigar algo o cambio, preparándonos a nós e ó planeta para o aumento das temperaturas e facendo que sexa o máis pequeno posible.
Lembremos: a Terra está en un equilibrio complexo que levamos moito tempo empurrando para desequilibrar. Agora, xa o logramos, e ese desequilibrio vemos como leva consigo cambios que nos pode levar por diante... Non estou seguro que o noso nivel de comprensión sexa abondo para actuar como debéramos. Polo momento, non foi así.
Temperatura dos océanos. Imaxe no dominio público, collida de gl.wikipedia.org creada pola NASA

2017/10/14

Divulgacción, encontro anual

A asociación de divulgación científica galega Divulgacción terá en dúas semanas o encontro anual en Pontevedra. Se estás metido no mundillo, unha xornada interesante prometida. Velaeiquí o programa, en cartel e en texto:
O programa definitivo para toda a xornada é o seguinte:



10.00h Visita ao Museo de Pontevedra (exclusiva para socios)
  • Cunha guía especial orientada a divulgadores. O Gabinete Didáctico do museo contaranos como xeran os materiais didácticos, como contan e explican as exposicións e que recursos utilizan, como introducen temas transversais... Unha visita que promete ser moi interesante. 
  • O número de participantes está en principio limitado a 35 persoas. Se as sobrepasamos, tentariamos organizar un segundo grupo para a mesma hora, pero será necesario sabelo con tempo, así que non te despistes!
  • É posible vir con acompañantes. Se che gusta a idea, é obrigatorio apuntarse: debes responder a este correo antes do día 25 de outubro sinalando o teu interese na visita. Envíanos o teu nome e cantos acompañantes traes, se é o caso.

12.00h Asemblea de Socios. Casa da Luz. Praza da Verdura, Pontevedra

14.00h Descanso para comer. Lembra anotarte se queres comer con nós! Non te preocupes, o prezo do menú será asequible. Para anotarte por favor preme aquí.


PROGRAMA ABERTO AO PÚBLICO
Casa da Luz, Pontevedra. Praza da Verdura. Entrada libre ata completar aforo



16.30h Debate: Crowdfunding: Unha reflexión sobre o crowdfunding en ciencia e divulgación. Con:

Roi Villar Vázquez, Presidente da Asociación de Comunicadores en Biotecnoloxía, creador de iLoveScience, Xefe de internacionalización de BioCAT

Alfonso Pérez Posía, Director do Departamento de Participación Privada da FECYT, Plataforma Principia

José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da UDC

Modera: Iolanda Casal, xornalista


18.00h Charlas
A informática tamén é cousa de mulleres
Javier Pedreira, Wicho, Responsable do departamento de informática nos Museos Científicos Coruñeses e coautor de Microsiervos

Galicia nos tempos do cambio climático
Xavier Fonseca, xornalista e divulgador científico. Historias del Tiempo, VTelevisión


2017/10/13

E... teremos nós tamén furacáns?

Situación aproximada de Ofelia ó mediodía de hoxe, venres 13/10/2017

Iso parece. O primeiro podería tocarnos cara luns, segundo a ESA:
FOTO ESA
El huracán Ophelia
13 octubre 2017
El satélite Sentinel-3A de Copernicus tomó esta imagen el día 11 de octubre de 2017, cuando el huracán Ophelia se encontraba a unos 1.300 km al suroeste de las islas Azores y a unos 2.000 km de la costa africana.
Clasificado inicialmente como tormenta tropical, ya ha pasado a la categoría de huracán. El Centro Nacional de Huracanes de los Estados Unidos ha advertido de que Ophelia podría alcanzar aún más fuerza en los próximos días.
La tormenta se está desplazando hacia el noreste, por lo que podría alcanzar la costa noroccidental de España antes de continuar hacia Gran Bretaña.
La imagen fue capturada a la 12:45 GMT por el instrumento OLCI del satélite. 
Previsión de meteogalicia para o domingo pola tarde, á nosa altura pero lonxe no océano.

2017/10/10

O día da ciencia en galego: Fontán, Darwin, concurso

Achégase a edición 2017, adicadas ás viaxes sostibles, lembrando a viaxe do Beagle e o mapa de Fontán. E por iso compleméntase cun concurso de xeoposicionamento mediante a descarga dunha app.


2017/09/17

Premios Prisma da casa das Ciencias 2017 (XXX edición)

O difundir os premios á difusión científica coido que non é unha mala idea: son lugares nos que a ciencia se achega máis e mellor á xente, a todos. Esta semana foron outorgados os Premios Prisma da casa das Ciencias 2017 (XXX edición), e o resultado, segundo o blog de Amigos da casa das Ciencias, foi:

Cadro de honra 2017

• Mellor traballo en vídeo: “¡Qué animal! Parque natural de las fragas do Eume”, de Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola, emitido en La 2 de TVE.

• Mellor sitio web: “Ciencia de sofá”, presentado por Jordi Pereyra Marí

• Mellor libro editado: “Todo es cuestión de química”, de Deborah García Bello, publicado pola Editorial Paidós

• Mellor texto inédito: “¡Hay una mujer en mi experimento! Un viaje con las grandes científicas de la historia”, de Jorge Roberto Gutiérrez Bolívar

• Mellor artigo xornalístico: “Como diseñar ADN en el garaje”, de Michele Catanzaro, publicado no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya

• Mellor traballo en radio: “El café cuántico 6: sobre primates, ratones y feromonas”, de Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives, emitido en Burjassot Radio

• Prisma Especial do Xurado: Jorge Mira Pérez

Ademáis o xurado decidiu outorgar unha mención honorífica ao vídeo “Mareas rojas”, de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

2017/08/21

Hoxe (20170819), eclipse de Sol

En norteamérica será a nova do día. Aquí, case nin nos enteraremos.
A eclipse terá lugar en Ribadeo a partir das 20:45 aproximadamente (hora legal), co máximo de visibilidade na posta de Sol.
Xeitos de velo? Eu sempre aconsello por reflexión, isto é, collendo un espello e proxectando a imaxe do Sol nunha superficie branca plana (un papel ou unha parece lonxe do espello, que sempre se pode un achegar a ela e vela mellor e máis grande), co que evitamos mirar direitamente ó sol, sempre unha mala idea.
De calquera xeito, aquí verase como máximo (isto é, á posta de Sol) un por baixo dun 12% de Sol tapado pola Lúa, o que na práctica, ó estal o sol tan baixo,non se vai notar e haberá que fixarse ben para poder ver algo.
A imaxe, tomada dunha páxina da NASA, amosa os datos para Ribadeo. O asterisco significa que xa sería despois de poñerse o Sol. UT, tempo universal, que en horario de verán corresponde coas 20:43 hora legal. A previsión é que estará despexado, pero un vento lixeiro do surleste significa que tenderá a haber bruma... co que non esperaría ver moito da eclipse.
Por certo, nestes últimos trinta anos lembro tres eclipses de Sol en Ribadeo, con mellor visibilidade que o que terá o de hoxe no mellor dos casos de temperie.
A seguinte eclipse de Sol visible dende Ribadeo será dentro de catro anos (10 de xuño de 2021), e poderá, se a temperie o permite, verse tapada unha parte do Sol dobre que a que se poderá ver hoxe.
--
Eclipses de Sol en Ribadeo:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/pasou-eclipse.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/actividades-para-observacion-da-eclipse.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2015/03/actividades-para-eclipse-de-sol-de-2015.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_22.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_1337.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_1835.html
http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/03/hoxe-eclipse-en-ribadeo.html
--
A eclipse, na ESA: http://links.govdelivery.com/track?type=click&enid=ZWFzPTEmbXNpZD0mYXVpZD0mbWFpbGluZ2lkPTIwMTcwODIxLjc3MTY2MTYxJm1lc3NhZ2VpZD1NREItUFJELUJVTC0yMDE3MDgyMS43NzE2NjE2MSZkYXRhYmFzZWlkPTEwMDEmc2VyaWFsPTE2OTE5ODcxJmVtYWlsaWQ9YWdyZW1vbjIwMDFAeWFob28uZXMmdXNlcmlkPWFncmVtb24yMDAxQHlhaG9vLmVzJnRhcmdldGlkPSZmbD0mZXh0cmE9TXVsdGl2YXJpYXRlSWQ9JiYm&&&100&&&http://www.esa.int/spaceinimages/Images/2017/08/The_Sun_21_August_2017

2017/07/23

A ciencia aplicada á definición da Terra: mirar o chan con definición alta

Hai xa un par de meses que me atopei co que ligo. E coido que é interesante para que outra xente, ti mesma, poidas estar tamén interesada en velo. Algo que é 'sinxela' aplicación da ciencia á tecnoloxía, e desta, ás necesidades da vida.

2017/07/16

O saber e a física

Hai tempo que veño deixando aquí e aló algunhas pezas de coñecemento, que, co tempo, van amdurando, e, ó toparme de novo con elas apetéceme publicalas, con ou sen retoques. Aquí vai unha delas (accesible en https://www.scribd.com/doc/62501433/O-saber-e-a-fisica):
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.