2007/05/31

O efecto bolboreta

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: O efecto bolboreta

Autoría: Elisabet Muñoz Quintas/ Itzel Morales
Grupo: 4º DC/UNAM
Data entrega: 07/05/08
1.Introdución e Hipóteses.
A idea para o traballo xurdiu chateando entre dúas amigas a ambas beiras do Atlántico, xurdindo a explicación de a que se debia que en México chovera e aquí en Galicia fixera Sol.

2.Pequeno resume.
O efecto bolboreta é o producido por pequenos cambios nas varaibles iniciais que poden cambiar grandemente o resultado final.

3.Obxectivos.
Concienciar a xente do que pode facer algo tan insignificante como o movemento de ás dunha bolboreta.
4.Base teórica.
Para explicar o efecto bolboreta utilizamos gráficas das ecuacións de Lorenz e as metáforas empleadas polo científico.
5.Traballo.
O efecto bolboreta é o recoñecemento de que unha pequena secuencia de cambios nas condicións iniciais poden alterar totalmente un resultado. Lorenz traballaba nunha simulación para predicir nun punto e nun momento as variables temperatura, humidade e dirección do vento; despois de ter que parala, ó reanudala introduciu as magnitudes iniciais con cinco decimais no canto de seis cos que tiña traballado antes, notando unha variación grande respecto dos resultados achados con anterioridade. Lorenz púxose a investigar o motivo e deu cas tres ecuacións matemáticas coñecidas como ecuacións de Lorenz.
Tras poñelo en práctica, descubriu a xeralidade de que diferencias moi pequenas nos datos de inicio traducíanse en grandes diferenzas no resultado final. Así concluíu que calquera pequena perturbación na atmosfera sucedida ao comezo dun tempo, podía amplificarse ata incidir no resultado final de xeito totalmente aleatorio, desmentindo a posible predicción. Como as medidas nunca poden ser totalmente exactas, nunha secuencia como a de Lorenz chega un momento que o resultado é imprevisible.
O efecto bolboreta non só se aplica a meteoroloxía, senón tamén as matemáticas ou mesmo a criminoloxía.
Así, este efecto en criminoloxía aplícase ó feito da procura de probas e ó comezar a súa busca polo final, é dicir, pola procura das pistas que leven ó sospeitoso e non ó crime. O efecto bolboreta incide na consideración dos miles de pistas minúsculas de escasa relevancia que noutras circunstancias pasarían inadvertidas.
Lorenz
Meteorólogo que estudiaba o comportamento atmosférico co fin de atopar un modelo matemático que lle permitira predicir de forma máis exacta posible as condicións climáticas.
6.Distribución.
Decembro: exposición de ideas para o poyecto entre as autoras.
Finais de decembro: Decisión de traballar neste efecto.
Enero: Recopilación de datos e paso ó procesador de textos.
Febreiro: Decisión sobre a presentación.
7.Materiais e Orzamento.
2 Cartulinas material funxible
2 rotuladores permanentes 5€
8.Descrición.
O efecto bolboreta descubriuno un científico chamado Lorenz que estaba estudiando as variables humidade, temperatura e vento nun punto determinado. Ó comezar a imprimir as variables tivo un problema técnico polo cal tivo que reiniciar e introduciu os datos iniciais que xa tiña para que seguise dende onde o había deixado e as variables cambiaron porque introduciu 5 díxitos no canto de 6 cós que traballara antes o ordenador.
Lorenz comezou a investigar polo que deu cas ecuacións do mesmo nome:


Para explicalo recorremos a unha pelota e un punto de apoio como pode ser unha cartulina con forma triangular, no que intentamos pór dúas veces o dedo no mesmo punto e vese como varía a traxectoria da pelota; a explicación é que o punto de apoio (o dedo) cambiouse tan pouco á vista que non o percibimos pero si se nota no cambio de traxectoria da pelota.
9.Material.
Presentado no punto”5”
10.Conclusións.
O traballo era interesante pero tal vez para nenos pequenos un pouco dificil de entender os razoamentos que levaron a resaltar a este efecto. En cambio os que xa eran un pouco maiores entenderon case perfectamente, os que prestaron atención a explicación.
Como consecuencia do traballo, as autoras comprenderon mellor porque moitas veces no parte do tempo dician que ía facer sol e chovia ou viceversa.
Como apunte para unha posible mellora, o facelomáis visual.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.