2007/05/31

Punto de Poisson

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007

Título: Punto de Poisson

Autoría: Ricardo Muiña García
Diego Villar Fernández
Grupo: 2ºB.T.
Data entrega: 10/04/07
1.Introdución e Hipóteses.
Proxecto realizado en relación co que estudado en 2ºBT, considerando alternativas na rede e chegando á conclusión de que esta experiencia era adecuada tanto pola súa espectacularidade como pola non moita dificultade.
2.Pequeno resume.
Visualización do punto de Poisson: ve-lo punto luminoso que aparece na sombra dun pequeño corpo circular interposto a un feixe de luz.
Utilizouse un soporte metálico ó que se lle suxeitaron tres pinzas. Na de máis arriba colocouse o punteiro láser, o emisor da luz. Un pouco máis abaixo, suxeitado á outra pinza, unha lente diverxente sobre que vai colocado un obxecto circular (pinga de mercurio, anaco de papel de aluminio...) e xa na última pinza outra lente que serve para ampliar un pouco máis a imaxe que se reflictirá sobre a parede ou unha pantalla ó ser reflexada por un espello.
This project is about Poisson´s point, which consists on a shining point that is reflected on the middle of a shadow which is made by a little round object crossed by a bunch of light. We do that with a light which is made by a laser and, at the same time, we use two lenses to extend the image and a mirror to reflect it.

3.Obxectivos.
Demostración da teoría do punto de Poisson explicada noutros apartados.
4.Base teórica.
Respecto a este apartado obtívose certa información que axudou a aclarar un pouco máis o asunto na rede, onde nunha paxina atopouse un libro que falaba acerca disto. Usouse asemade información da paxina de Enciga. A explicación teórica é a construcción dun punto luminoso por medio dunha onda ó bordear un obstáculo en determinadas circunstancias, logo a teoría ondulatoria.
5.Traballo.
No cartel básicamente óptouse por poñer unha explicación teórica da montaxe, así como unha descripción da mesma montaxe e da función que cada elemento usado ten nela. O anterior vai acompañado dun resume en inglés (ver o 2º apartado) e algunha fotografía.
6.Distribución.

Con respecto á distribución, entre finais de septembro e comezos de outubro foise recadando información e decidindo cal seria o mellor proxecto decidíndose por este. Unha vez feito isto algún fin de semana de cando en vez comezouse a montaxe e a experimentación con el.

7.Materiais e Orzamento.

Para realiza-la práctica utilizouse material proporcionado polo profesor, como soporte, pinzas ... e ademais utilizouse como lentes os cristais dunhas gafas vellas e só houbo que mercar un espello.
8.Descrición.
O que se pretendeu con este traballo é demostrar que o facer atravesar un feixe de luz sobre un corpo circular (neste caso concreto un anaco de papel), debería parecer no centro da súa sombra un punto luminosos coñecido como punto de Poisson.
Presentouse a montaxe e o cartel correspondente.



9.Material.

10.Conclusións.
Ó principio plantexou varias dificultades: a separación que debería existir entre cada unha das lentes, o corpo circular que empregariamos (un pequeno anaco papel ó final)... aínda que ó final obtívose un resultado abondo bó se se ten en conta a abundante luz na exposición, que non deixaba ver con claridade o que se pretendía.
Para futuras reproduccións deste traballo a maior dificultade atopada foi a non perfecta visión debido á abundante luz no local de exposición.
Respecto á xente, parece que gustou, xa que era bastante vistoso sobre todo polo láser e aínda que non se veía perfectamente quedábanse un anaco mirando e dicían que se podía observar bastante ben.
11.Outros.

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.