2010/05/11

O paradoxo de Víctor

Hai poucos días que un alumno propúxome un paradoxo. Está resolto, pero non está nada mal para ser prantexada no bac para a súa resolución polos alumnos. O autor, Víctor Pérez (2bt). Coido que poden ser propostas mellores aproximacións a un paradoxo semellante, así como explicacións de solucións para as respostas pedidas. Ese é o desafío e para iso están os comentarios.

**
O paradoxo de Víctor.
Partimos dun medio n=1, no que disparamos un fotón a unha velocidade c.
Cando este fotón chega ó segundo medio de n=2, a súa velocidade redúcese á metade.
Entón, nese medio, aceleramos a partícula a unha velocidade c. Cando chega ó medio n=1 de novo, que ocorrerá?
a)O fotón continuará á velocidade da luz, producíndose unha liberación de enerxía cando cambia de medio (igual que a cantidade utilizada para aceleralo no segundo medio).
b)O fotón pasaría a velocidade da luz, suceso fisicamente imposible segundo a teoría da relatividade.
c)O fotón continuaría á velocidade da luz, sen producirse nada relacionado coa enerxía.
d)Outra opción que se salga dos meus coñecementos de física (que chegan ata 2º de bacharelato).
**

Unha variante, a modo de exemplo para seguir profundizando e aprendendo: Cando o raio de luz está atravesando o medio de n=2, o medio pode ser acelerado. As preguntas neste caso poden corresponder coas propostas por Víctor.

Entrada para 'El carnaval de la física', VII edición. Blogs participantes (a partir da publicación xeral):

I Foro de Intercomunitario de Investigación Xuvenil

Tivo lugar o 7 e o 8 de maio de 2010 en Gandarío.
Facendo unha crónica rápida e informal, teriamos:
Idea antes da viaxe: Gandarío, un día de ponencias de investigación ó que irán alumnos de 4º ESO.
Despois: Un xoves pola tarde de viaxe ilusionado a Gandarío, onde os centros de Balaguer, IES El Cairat de Esparraguera, Alborada de Vigo, a Compañía de María de Ferrol, xuntáronse coa xente de 4º do IES Porta da Auga (e viceversa) en dúas noites inolvidables cun día por medio de traballo e relax. Amizades e vista de novas perspectivas, entre outras cousas. Mar e charlas. Investigación en/de moitos sentidos. E desexo de voltar o próximo ano a algo semellante. Mentras, traballo para logralo.
En canto a obxectivos, logrados (se ben máis os de relación que os didácticos). En canto a desenvolvemento, segundo o previsto, con baño incluído.
En canto ó futuro... os correos electrónicos posteriores son abondo ilustrativos, pero polo momento deben permanecer sen publicar.
Á beira, o díptico, coa nota de dirección técnica de UCETAG e o patrocinio da Xunta.
Máis información.

2010/05/05

Título para o IES de Socio colaborador dos Amigos da casa das Ciencias


Sendo os Amigos da Casa das Ciencias unha institución de prestixio e traballo, coido que paga a pena poñelo...
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.