Mira ó ceo. Ben, en Galicia está boa parte do tempo con nubes, pero aínda así pódese apreciar algo de xeito claro: o Sol sae despois e pónse antes no inverno, hai menos horas de luz, e quence menos. Hai moita xente que a causa dese quencer menos, pensa que o Sol está máis lonxe no inverno, cando en realidade no inverno (boreal, o que corresponde a Galicia), o Sol está máis próximo á Terra. Pero a diferenza de proximidade é pouca, polo que ten máis importancia outro efecto: a inclinación da Terra respecto do Sol.
Coincide que o eixe de xiro da Terra está inclinado respecto ó plano que descrebe a oŕbita terrestre, e no verán (boreal ou austral o que corresponda á latitude na que se esteña), esa inclinación fai que o Sol chegue máis alto no ceo e ilumine durante máis tempo, polo que quence máis tempo e ademáis, a capa de atmosfera que ten que atravesar ata chegar ó chan, de media, é menor (atravésaa máis perpendicularmente), co que chega maior porcentaxe de enerxía á superficie terrestre, e fai que a terra quenza máis. No invero sucede o contrario, e fai máis frío .. e menos luz.
Case un ano despois das eleccións, unha lembranza
-
Hai un ano por estas datas estaba a comezar o proceso electoral. Aínda
quedaba para as eleccións municipais de 2023, pero xa había movementos
divers...
Hai un día