2018/03/31

Unha nave espacial caerá á Terra, pero non en Ribadeo

Vexo unha nova na prensa sobre a Tiangog-1, non me gusta, vou á orixe da nova (http://www.esa.int/Our_Activities/Operations/Space_Debris/ESA_joins_reentry_campaign) e trátoa para poñer aquí información, en resume e clara, a partir dos datos da ESA.

A estación espacial china (que iso é, unha estación espacial) movíase (e aínda se move en órbitas que, proxectadas sobre a superficie terrestre, debuxan algo parello ó que se pode ver na figura, na parte central. Como os satélites terrestres xiran sobre o centro da Terra, as proxeccións como a que aparece na figura teñen xeito sinusoidal, isto é, as naves pasan máis tempo  sobre puntos de latitudes altas que sobre puntos do ecuador (gráfico da dereita). Resulta que é sobre esas latitudes no hemisferio norte sobre as que se concentra a maior parte da poboación, o que pode asustar á xente se se lle di: 'vai caer un cohete, e con máis probabilidade nesta zona que noutras'.
Para comezar, cada semana cae unha nave ou equivalente, e non se oe que cada semana haxa unha catástrofes por iso. De feito, non parece que ninguén morrera nunca por caer riba del un refugallo espacial. Neste caso, ademáis, a órbita non chega nunca ós 43º N (para nos 42,8º), e Ribadeo vila está máis ó norte. Resultado: probabilidade = 0. Iso si, se viaxas a castela, en canto pases de As Nogais estarás en risco... máis ben de que o cohete pase por riba de ti, pois difícil será que chegue unha parte á Terra que poda fastidiarte.
--
Nota posterior: Caeu o 1 de marzo sobre o Océano Pacífico

2018/02/14

STS

STS, Science, Technology & Society, ciencia, tecnoloxía e sociedade... a reintegración dos saberes científicos tecnolóxicos na sociedade é hoxe un tema crucial, nun momento no que a separación do saber científico e a aplicación tecnolóxica están levando a visións máxicas de mundo, convertindo para moita xente á ciencia nunha nova maxia que se ve como algo que se pode facer (pero 'alguén outro', non un propio) e está a disposición para desfrutar (porque alguén saberá abondo para facer que eu desfrute)
Neste intre, ven ben lembrar algo aparentemente apartado da liña argumental anterior, "Technology is not neutral. The choices that get made in building technology then have social ramifications." (MEHRAN SAHAMI, profesor na Universidade de Stanford, dito a conto da súa axuda para desenvolver un curso de ética en informática. NYT, 12/02/2018) Algo sabido e esquecido: a tecnoloxía non é neutra. A elección que se faga para construír a tecnoloxía ten consecuencias sociais. Algo que se leva manifestado na historia, dende moito antes da aplicación tecnolóxica masiva que supuxo a revolución industrial, e que cada vez é máis patrente co desenvolvemento da intelixencia artificial. Non é xa só que a humanidade dependa da tecnoloxía para a súa supervivencia, senón que o xeito de vivir dependerá das solucións tecnolóxicas que se implanten (elixan-desenvolvan-retroalimenten e nos retroalimenten cos/nos máis mínimos detalles da nosa vida), que, polo momento, están sendo capitaneadas por empresas privadas que procuran un lucro, como guías duns poderes públicos con portas xiratorias a elas. E non só en España.
Pode que non o vexamos, pero o futuro xa chegou: estámolo a facer.

2018/01/14

Dificultade para poñer quilómetro (km)?

Agora resulta que a dificultade para poñer quilómetro de xeito adecuado, en breve, é que a xente non sabe facer o k minúsculo. Si, que non saben que K e k son diferentes, que o entenden cando o ven escrito en formato de impresora, pero non son capaces de reproducir un k minúsculo, 'non saben'. E así, o k de quilo queda confundido do K de Kelvin, e a culpa non é deles, senón de que non saben algo abondo previo: escribir o k.
Parece mentira, verdade? Pois non, é verdade, non mentira. E, se non o cres, pregunta ó teu arredor.
Un lembra aqueles fitos que poñían 'KM', ou os modernos indicadores, que non poñen as unidades: 'Foz 24' e comeza a comprender que as indicacións normativas seguen o mesmo destino que outras leis: o incumprimento comezando polos que forman parte da mesma institución que pon a norma.
Aínda que non sempre ocorre así, como na foto que poño en baixo e onde está ben escrito:
licenza de documentación libre GNU Autor: Adrián Estévez (Estevoaei). Procedente de Wikimedia Commons.

2018/01/08

Gaia: relacións internas

O vídeo da ESA da unha boa visión das relacións entre oceanos e atmosfera, e dentro de cada un, as diferentes compoñentes...

2017/12/11

Observando a respiración de Gaia


Gaia ou Xea é a deusa que en Grecia lle asignaba á Terra (sóanche xeo-grafía ou xeo-loxía, por exempo?). O fluxo de gases entre a súa superficie e a súa atmosfera é o equivalente á nosa respiración, que controla as nosas funcións vitais. Agora rematan de facer un mapa dos cambios 'respiratorios' do noso planeta. Bótalle unha ollada ó vídeo da ESA e tenta respirar ó seu compás vital...

2017/12/10

Colaborando en investigación

Dun tempo a esta parte está en marcha un movemento que tenta facer partícipe á cidadanía de diferentes investigacións, mediante instalación de software nos ordenadores con funcionamento nun segundo plano (cousa que comezou hai xa tempo, co programa SETI, que eu saiba) e logo, mediante apps diversas (moito máis recente, pero tamén, coido, máis extendido na actualidade como 'ciencia cidadá'). A recollida de datos é, neste segundo caso, o obxectivo primeiro, aínda que a difusión da propia materia científica da que se trata en cada caso tamén é a considerar.
Mais, dende moito antes, a distribución de enquisas foise extendendo, e, na actualidade, coa potencia que da a web, moito máis. Destas, remata de chegarme unha petición de colaboración de parte dun equipo escolar aportando datos a unha enquisa web, coa que pode colaborar todo  o mundo que o queira, de paso que comeza a saber cousas sobre o tema proposto, as sinestesias matemáticas. Colaboras?

Raios e aleatoriedade

Chegou a min o vídeo que ligo embaixo, Transient, como algo bonito en liña novedosa. Xoga coa velocidade do vídeo, mantendo ás veces unha ratio de moitas imaxes cada segundo para baixar outras a unha ratio normal, na que o tempo se representa 1:1. Nos momentos nos que descobre, por exemplo, raios, e vai presentando a súa evolución de xeito moi lento, pódese observar a aparente aleatoreidade do trazo a nivel macroscópico. Pero tamén, unha volta trazado, a persistencia. Iso lévanos á física, coa ionización do aire, a dispersión de enerxía mediante luz ou as variacións de gradiente de potencial eléctrico como base e achegamento a algo bonito a máis de potente.

Transient from Dustin Farrell (www.dfvc.com) on Vimeo.

2017/12/03

Ciencia a disposición de todos: Sci-Hub

Portada da web Sci-Hub

Hoxe chega a min, de novo, otra peza solta do combate dunha plataforma aberta de difusión científica, Sci-Hub, contra as grandes editoriais. Máis ben ó revés: son as editoriais as que, para manter o seu negocio (negocian con coñecmento doutros e quedan coas ganancias) atacan a quen ofrece en aberto as investigacións que publica (que non fixeron nin revisaron, senón que as fixeron os científicos, as revisaron os científicos, etc). As novas poden verse en diversos lugares, como nestos titulares de El País (que non ligo por cousas da lexislación española, pero que se poden atopar en internet):
La ley alcanza pero no derrota a la ‘Robin Hood de la ciencia’
Una pirata con estilo
“Es cierto: robo a los editores para dárselo a los científicos”
E, unha ligazón que hoxe funciona (mañá ó mellor hai que procurar noutro lugar): http://sci-hub.bz/
Mais unha ligazón coas súas opinións sobre a difusión científica actual: https://www.unitedstatescourts.org/federal/nysd/442951/50-0.html
  Aquí queda pois a miña pequena contribución ó que penso que tenta mellorar a difusión da ciencia.

2017/11/18

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.