2007/04/22

Identificación de elementos á lapa




XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007




Título: Identificación de elementos á lapa






Autoría: Eloy Rodil Carreira
Grupo: 1º BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introdución e Hipóteses.
A primeira idea para facer este traballo foi obtida do libro de física e química, complementada logo con internet. Nesta practica pretendese demostrar que tódolos compostos son diferentes entre si, debido a que teñen diferente estrutura atómica. Unha forma de sabelo é pola cor da súa lapa ó queimalos, que é o que se pretende realizar con esta práctica.

2.Pequeno resume.
Os compostos teñen diferente estrutura atómica, os átomos que os forman están colocados de distinta forma. Ó achegarlle enerxía a un átomo, os electróns sitúanse nun maior nivel de enerxía, e ó volveren o seu estado inicial, desprenden esta enerxía en forma de luz, que nos da indicación sobre a composición do material.
In this project I want to prove the difference between the chemical elements. I’m going to identify the elements for the colour of their flame. I explain the different composition of these elements. When you give energy to an atom, this increase, and when it returns to normal state, it gives energy off causing the different colours of their flames and given information about their composition.
3.Obxectivos.
O obxectivo principal deste proxecto é demostrar que tódolos compostos son diferentes entre si. Outro obxectivo é o de facer un proxecto interesante e vistoso para a xente. Por ultimo, que con este proxecto se aprenda un pouco mais dunha forma diferente.
4.Base teórica.
Cando se lle achega enerxía a un átomo, os electróns que o forman pasan a un nivel máis elevado e ó volveren ó seu estado inicial desprenden esta enerxía en forma de luz, que lle da unha cor diferente a cada composto, xa que os compostos teñen diferente estrutura atómica.
5.Traballo.
Neste proxecto quérese demostrar como se poden identificar diferentes elementos pola cor da súa lapa. Para esto empréganse diferentes compostos (cloruros de sodio, cinc, potasio, bario, cobre e estroncio), fío de NiCr (usado pola súa estabilidade) e un queimador. O proceso para realizar o desenvolvemento é: humedecer o fío de NiCr en auga e achegalo a un composto para que unha pequena cantidade deste quede adherida. Despois achegalo ó queimador, comprobar a cor resultante e anota-la cor nunha táboa. Hai que realizar este proceso con cada composto, vendo as diferencias.
Cada composto ten diferente coloración da súa lapa. Isto ocorre porque os compostos están formados por átomos correspondentes a elementos distintos, e dicir, tódolos compostos son diferentes entre si e non teñen a mesma estructura atómica.
Os compostos emiten unha luz porque ó achegarlle enerxía ós átomos que os forman, os electróns destes pasan a un nivel superior de maior enerxía, e ó volveren o seu estado inicial emiten esta enerxía en forma de luz que ten unha cor diferente dependendo do composto do que se trate.
Na primeira fotografía podemos observar un exemplo da realización deste experimento, con cloruro de cobre. Nel achegamos certa cantidade dun composto a un queimador, o cal produce unha chama de cor.
Na segunda fotografía podemos observar un exemplo típico da aplicación industrial deste proxecto como son os fogos de artificio.

6.Distribución.
Setembro: Procura do proxecto
Outubro: Procura de información sobre o proxecto
Decembro (e vacacións de Nadal): Procura dos materiais necesarios para o proxecto.
Marzo: Realización do traballo e da cartolina.
7.Materiais e Orzamento.

Cloruros: Prestados pola profesora de física e química.
Auga
Fíos de metal
Chisqueiro

8.Descrición.
Neste proxecto quérese demostrar que tódolos compostos son diferentes entre si, para isto vamos a observar o color da súa lapa ó queimalos, a partir de diferentes compostos, todos eles cloruros (sodio, cobre, cinc, potasio, bario e estroncio). Isto ocorre porque o achegarlle enerxía a un átomo, os electróns deste pasa a un nivel maior, e o volveren o seu estado inicial desprenden esta enerxía en forma de luz que lle da unha cor diferente a cada composto. Humedecemos o fío en auga e achegámolo a un dos compostos para que quede adherida unha pequena cantidade deste, despois acercámolo a lapa do chisqueiro, que debe se lo mais amarela posible e comprobamos a cor resultante. Estes compostos son os que se utilizan nos fogos de artificio para que todos eles sexan de diferentes cores.
9.Material.
Ver a foto.
10.Conclusións.
É un traballo interesante, sinxelo de facer pero que resulta moi vistoso para a xente que o vai a ver. A xente que veu de visita comprendeu o que se quería explicar con este proxecto, puido aprender algunha cousa nova e parecéulle interesante. O non ter coidado abondo das misturas e o uso de arame non adecuado fixo que non foran ben visibles as coloracións, non conseguindo ver claramente as cores da lapa para algúns compostos. Así, se alguén realiza este traballo, (cousa que animo a facer polos interesantes resultados que se obteñen) é recomendable que probase os cloruros con tempo, para poder corrixir os erros se os houbera (como a mistura de materiais ou o tipo de arame).

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.