2009/12/14

Carta pola Innovación, a Creatividade e o acceso ó Coñecemento

[Nota previa: o texto apareceu xa hai case unha semana e déixoo aquí tal cula o atopei en galego, sendo consciente que a traslación á nosa lingua é mellorable]
Dereitos dos /as cidadans/ás e artistas na era dixital
Inclúe solucións legais, inmediatas e urxentes
Nós, unha coalición inclusiva provinte de máis de 20 países, de centos de miles de cidadans/ás, usuarios/ as, consumidores/ as, organizacións, artistas, hackers, membros do movemento de Cultura Ceibe, economistas, avogados/as, mestres /as, estudiantes, investigadores/as, científicos/as, activistas, traballadores/as, desempregados/ as, emprendedores/ as, creadores/ as...
Invitamos a tóda-la cidadanía a facer súa esta Carta, difundila e poñela en práctica.
Invitamos a tódo-los gobernos, multinacionais e institucións a escoitala urxentemente, entendela e aplicala.
Contido
1. Introducción
2. Demandas legais
3. Directrices para a educación e o acceso ó coñecemento
4. Necesidades estructurais para unha sociedade do coñecemento de todos/ as e para todos/ as
5. Membros do FCForum
6. Adhesións
7. Versión completa
8. Licencia dual
1. Introducción
A Sociedade da Información e o novo contexto dixital supoñen unha revolución na forma de crear coñecemento e cultura, e sobre todo, na forma de acceder a eles. Cidadáns/ ás, artistas e
consumidores deixaron de seren suxeitos pasivos e aisolados/ as fronte a indústria de distribución de contidos. Agora cada persoa colabora, participa e decide.
A Tecnoloxía, coma ponte, permite que as ideas e o coñecemento flúan; rematando así con moitas das barreiras xeográficas e tecnolóxicas que impedían compartir; proporcionando ademáis novas ferramentas educativas e propiciando a aparición de novas fórmulas de organización sociais, económicas e políticas. Esta revolución é comparable coa que provocou a imprenta.
A pesar disto, a indústria do entretenemento, a maioría dos proveedores de servizos de comunicacións e os centros de poder seguen a tirar proveito, baseando as súas actividades
principalmente no control e na escasez. E todo isto violando os dereitos dos cidadáns/ ás á
educación, ó acceso á información, á cultura, á ciencia e a tecnoloxía, á liberdade de expresión, á inviolabilidade das comunicacións e á privacidade. Protexen intereses privados fronte o interese público da sociedade en xeral, tal e como actuou a Inquisición tra-la aparición da imprenta.
Non tóda-las institucións, estructuras e convencións do sistema actual sobrevivirán se non son
quen de adaptarse ós novos tempos. As que sobrevivan veranse alteradas e redefinidas pola nova realidade, e é posible que para elo precisen de esquemas de funcionamento totalmente distintos.
Implicacións políticas e económicas da Cultura Ceibe
A Cultura Ceibe amplía os espazos para a implicación cidadá, permitindo que un amplo abano de persoas e grupos participen e se impliquen en debates públicos, reforzando a democracia en tempos de crise. A Cultura Ceibe é unha condición previa para facer real a liberdade de expresión, axudando a reducí- la fenda dixital, liberando o poder democrático das novas tecnoloxías.
A Cultura Ceibe potencia novos modelos de implicación cidadá na provisión de bens públicos e
de servizos baseados no procomún. E elo alónxaa da forma convencional de actuar das institucións tradicionais, demostrando a forza actual da sociedade civil. Recoñecemo-lo procomún como unha forma distinta e desexable de goberno. “O goberno do procomún” fai referencia ás regras e os límites necesarios e acordados para xestioná- la producción colectiva e o acceso a recursos compartidos. O goberno do procomún recoñece e incorpora a participación a inclusión, a transparencia, o acceso equitativo, e a sostenibilidade como obxectivos a conseguir a longo prazo.
Entendemos que a economía social, xunto có mercado, constitúen unha importante fonte de valor.
A incorporación dunha nova e revitalizada idea do procomún amplía o que entendemos por
“economía” e insta ós gobernos a respaldar o procomún do mesmo xeito que respalda a economía de mercado.
A actual crise económica mostrou os límites do fundamentalismo asociado ó mercado, e ten
mostrado que os mercados sen control, baseados unicamente en instrumentos como a competición e o interese propio, supoñen un risco xeral para a nósa civilización. A filosofía da Cultura Ceibe, herdada do software ceibe, é a maior demostración empírica de que unha nova ética e unha nova empresa son posibles. Ten demostrado que existe unha nova forma de producción que funciona, baseada en habilidades e intercambios, onde o/ a autor/ a//productor/a no perde o control da producción e non precisa da mediación de grandes monopolios. E fíxoo baseándose na iniciativa individual, na solidaridade con outros, con mecanismos de intercambio de acordo ás posibilidades e habilidades de cada persoa, democratizando o coñecemento, na educación, por medio dunha
producción e unha distribución xusta dos beneficios de acordo ó traballo realizado.
Expresamos a nósa preocupación polo benestar dos/ as artistas, investigadores/ as, autores/ as e outros productores/ as creativos/ as. Nesta Carta propoñemos varias fórmulas para recompensar colectivamente a creación e a innovación. O software ceibe, Wikipedia e outros moitos exemplos mostran que o modelo da Cultura Ceibe pode preservar a innovación e que non son necesarios monopolios do coñecemento para producir coñecemento.
A sostibilidade da producción de coñecemento e cultura depende do tipo de “producto” (Por
exemplo os custos dunha película son moi diferentes ós dunha enciclopedia online). Entre as
iniciativas de Cultura Ceibe pódense identificar varias formas e vías de sostenibilidade da
producción. Algunhas destas vías están mais consolidadas que outras, asímesmo hai varias liñas de experimentación. Un principio xeral presente é a combinación de varias vías de financiación. Deste xeito garántese unha maior independencia dos proxectos. Modelos inspirados na economía social cunha orientación comunitaria multiplícanse e presentan vías sostibles para os proxectos e o traballo. Algunhas das vías de financiación dos proxectos colaborativos entre iguais xa postas en práctica son: Doazóns e trocos non monetarios (Ex. agasallos, bancos de tempo); Financiación directa (Ex. Subscripcións e doazóns ); Capital compartido (Ex. “Matching Funds”, cooperativas comunitarias ou de consumidores); Delega en fundacións ou entidades legais que garantan a infraestructura ós proxectos; Financiación pública (Ex. Renta básica, becas, premios, subsidios, contratos públicos e comisións); actividades comerciais (incluíndo tanto bens como servizos) e combinación de distribución P2P e streaming a baixo custo. A combinación destas diversas opcións conforman vías de viabilidade tanto para creadores independentes como para a industria.
Non apoiamos o traballo voluntario individual como estratexia das empresas comerciais para
apropiarse do beneficio xerado colectívamente. Non cremos que sexa socialmente desexable
permitir que certas empresas e alianzas comerciais domiñen un segmento substancial do mercado.
A era dixital pode conducirnos cara un mundo máis xusto e beneficioso para todo o mundo.
Por todo o anterior, Nós propoñemos:
En primeiro lugar, transparencia: Precísase transparencia nos procesos de regulación e nas
actividades de lobby, incluíndo información sobre quén son as autoridades responsables da
aplicación da lei, os procedementos obrigatorios que se han de levar a cabo, evitando a violación de calquer dereito fundamental. Os recursos e ferramentas dixitais poden engadir máis transparencia e credibilidade ós procesos políticos. Así mesmo, a existencia e acceso das infraestructuras e das ferramentas dixitais teñen que fundamentarse en procesos transparentes.
Propoñemos un sistema de tres avisos para aqueles que violen o dereito a saber da cidadanía.
2. Demandas legais
Dende o punto de vista legal, temos identificado lagoas que existen nas regulacións e tratados
nacionais e internacionais, e nas reformas que compren para rematar cós abusos nas políticas sobre a difusión da cultura, tanto nas relacións legais privadas como nas políticas públicas internacionais.
Estas lagoas perxudican ó interese público e impiden o desenrolo dunha indústria cultural posta ó día.
Os intereses públicos principais son todos de gran importancia: Respaldar e asegurar unha
creación continua de obras intelectuais polo séu importante valor social, e asegurar que tóda-la cidadanía poda acceder a eles sen trabas, para unha gran variedade de usos.
A. Coñecemento común e Dominio Público
1. Expansión do Dominio Público e reducción dos periodos de Copyright.
2. Os resultados de investigacións e obras intelectuais e culturais financiadas con fondos públicos deberían ser de Dominio Público.
3. Debe asegurarse que as obras no Dominio Público sexan accesibles para a cidadanía en xeral.
B. Defensa do acceso ás infraestructuras tecnolóxicas e neutralidade na Rede
1. Os/ as cidadáns/ ás teñen dereito a unha conexión a Internet que lles permita enviar e recibir o contido que desexen, usá-los servizos e aplicacións que desexen, conectar o hardware e usá-lo softare que desexen, sempre que elo non dane a rede.
2. Os/ as cidadáns/ ás teñen dereito a unha conexión a Internet ceibe de todo tipo de
discriminación, xa consista ésta en bloquear, limitar ou priorizar determinados tipos de aplicacións, servizos ou contidos, ou basada na ubicación do emisor ou do receptor.
3. Non se debería impor ningunha limitación nen filtrado sen una orde xudicial previa.
C. Dereitos dos/ as cidadáns/ ás en contexto dixital
1. DEREITO DE CITA con propósitos educativos ou científicos, ou sinxelamente informativos, creativos ou outros calesquera.
2. DEREITO A COPIA PRIVADA cando a reproducción é para uso privado ou para ser compartida entre iguais e non se obteña ningún beneficio económico, nen directo nen indirecto, de ela.
3. USO XUSTO: Dereito a acceder e a usar obras baixo copyright sen necesidade de
autorización dos propietarios do copyright, con propósito educativo, científico, informativo, satírico ou accesorio ó proxecto creativo principal, sempre que se identifique e se cite correctamente a obra e se respecten tódo-los dereitos morais.
D. Estímulo da creatividade e a innovación
Expresamo-la nosa preocupación polo benestar dos artistas e autores. Propoñemos varias
fórmulas para recompensar colectívamente a creación artística e a innovación.
1. Os dereitos de autor patrimoniais non son sustitutivos dun soldo digno.
2. As desigualdades na capacidade de negociación levan a situacións inxustas entre as persoas
que crean e as entidades de comercialización.
3. Cando existe unha explotación comercial dunha obra, as regras relativas ós dereitos
económicos deberían priorizar a protección dos intereses económicos das comunidades creativas.
4. A abolición de tódo-los “cánons dixitais” inxustos que sancionan indiscriminadamente no
nome da “compensación dos/ as artistas”, e que tratan de penalizar actividades que non son
criminais en modo algún.
5. Os/ as autores/ as e creadores/ as deberían ter sempre a posibilidade de rescindí-lo seu
contrato coás ENTIDADES DE XESTION de dereitos de autor.
6. Non debería permitirse que as entidades de xestión de dereitos de autores sexan un
monopolio, nin que éstas impidan ós artistas ou autores usar licencias ceibes.
7. As patentes que monopolizan calquer tipo de software, método comercial, lóxica, algoritmo
matemático, información xenética ou seres vivos, os procedementos industriais, regras de xogo, actividades intelectuales, ou de calquer otro tipo de desenrolo intelectual humán, deberían ser ilegais e non deben ser nunca concedidas.
3. Directrices para a educación e o acceso ó coñecemento
O apredizaxe é un proceso de construcción social que ten lugar mediante o intercambio de
coñecemento, experiencia, e dos diversos matices culturais. A cultura evoluciona a medida que o coñecemento impregna á sociedade. Entendemos a educación como un proceso social que implica un amplo abano de actores educativos, tecnoloxías, entidades e actividades, non só as oficiais e formais. A nósa visión da educación busca fomentar unha cultura de intercambio de coñecemento e innovación educativa que sexa eficiente e sostible.
Os seguintes puntos trazan os fundamentos esenciais para o proceso de ceibe desenrolo cultural e creación de coñecemento:
Software ceibe
O software ceibe (tamén chamado de código aberto) permite estudiar e aprender conceptos en
lugar de caixas negras, permite a transparencia en procesos de intercambio de información, asegura a competición e a innovación, proporciona independencia de intereses corporativos e fai medra-la autonomía dos/ as cidadáns/ ás.
Por todo elo, as institucións educativas, e demáis lugares nos que se dan procesos educativos
deberían usar, promover e implementar software ceibe. Asimesmo, tódo-los programas
desenrolados en entornos educativos con fondos públicos deberían publicarse como software ceibe.
Acceso aberto
As publicacións de acceso aberto aseguran o acceso ós resultados da investigación científica,
tanto para usos científicos como para o público en xeral, potencian as posibilidades de aprendizaxe e permiten que distintas disciplinas descubran os resultados das outras.
Por todo elo, as universidades e centros de investigación deberían adoptá-lo modelo de acceso
abertopara a publicación de traballos de investigación. A solicitude de patentes sobre os resultados de investigacións financiadas con fondos públicos deberían desaconsellarse. As patentes cuios titulares sexan institucións públicas deberían de se liberar de forma irrevocable e ceibes de regalías ou calquer outra restricción.
Estándares abertos
O uso de estándares abertos e formatos abertos é esencial para asegurá-la interoperatividade
técnica, e tamén proporciona igualdade de oportunidades para proveedores/ as rivais, permite un acceso sen obstáculos á información dixital e garante a disponibilidade do coñecemento e a
memoria social, agora e no futuro.
4. Necesidades estructurais para unha sociedade do coñecemento de todos/ as e
para todos/ as
Privacidade
Os/ as cidadáns/ ás teñen dereito a:
– Navegar por Internet e acceder ós séus contidos de maneira anónima.
– Decidir en calquera momento trasladar, modificar ou cancelar os séus datos de usuario de
calquer servizo de Internet.
– Non sufrir interceptación algunha das súas comunicacións, e a poder cifrá-las súas
comunicacións.
Dereito ás redes: Liberdade de uso, creación e conexión
– A sociedade civil e a administración pública han de te-lo dereito a proveer e implementar
servizos de conexión a redes, incluíndo aqueles ofrecidos de maneira gratuíta e sen condicións ós cidadáns.
Infraestructuras e regulación do mercado
– Neutralidade: A neutralidade da Rede debe ser garantida (léase Glosario de termos e
demandas legais sección C, para unha definición máis precisa).
– Simetria: Os proveedores de acceso a Internet deben garantir conexións simétricas ou unha
proporción de carga/ descarga razoable. Debería existir un acceso á banda ancha a prezos asequibles para calquer cidadán.
– Diversidade: Deberían evitarse os monopolios nas infraestructuras de telecomunicacións.
Non debería permitirse que as operadoras de telecomunicacións ofrezan o servizo de bucle local conxúntamente con outros servizos de telecomunicacións. Non se debe permitir que o mesmo accionista controle empresas que proporcionan o servizo de bucle local e empresas que
promocionan outros servizos de telecomunicacións. Ningunha empresa de telecomunicacións debe controlar máis do 25% do mercado de calquer servizo. Pode haber excepcións a esta cuota para redes operadas polo sector público.
Administración pública
– O sector público, os proxectos financiados con fondos públicos e aqueles que impliquen ós
cidadáns por lei, ou de maneira que afecte ós séus dereitos fundamentais, deberían usar sempre software ceibe e estándares abertos.
– Cando non exista unha solución ceibe ou estándares abertos, o goberno ou a administración
pública competente debería promové-lo desenrolo do software que sexa necesario.
– Os gobernos deben garantir un acceso gratuíto a Internet non exclusivo, independentemente
do lugar de residencia de cada cidadán.
Cómo deberíase de proceder na administración pública en temas de evaluación e compra de
software
– A merca pública de software debería avaliá-lo custo total do séu uso, incluídos os custos de
deixar de usá-lo e de migrar a un software alternativo.
– A contabilidade pública debería distinguir claramente os custos das licencias de software, o
mantemento, o soporte técnico, e o servizo, desvinculándoos dos do hardware.
5. Membros do FCForum
1 eXgae 38 ScriptumLibre
2 Networked Politics 39 Felix Stalder
3 Mayo Fuster Morell 40 Franziska Heine
4 P2P Foundation 41 Dmytri Kleiner
5 Michel Bauwens 42 Anne Ostergaard
6 Consumers International 43 Jack J. Marxer
7 Electronic Frontier Foundation (EFF) 44 Alan Toner
8 David Bollier 45 Roberto Santos
9 Knowledge Ecology International / James 46 Asociación de Internautas / Javier Cuchi
Love 47 Epidemia / Pablo Ortellado
10 Free Knowledge Institute (FKI) 48 Kim Tucker
11 La Quadrature du Net 49 La Casa Invisible
12 ScambioEtico 50 Margarita Padilla
13 Amelia Andersdotter eurodeputy from 51 Guifi
Pirat Partiet 52 Mario Pena
14 European Digital Rights (EDRI) 53 Traficantes de Sueños
15 Creative Commons España/ Ignasi La- 54 Platoniq
bastida 55 Yproductions
16 Transnational Institute/Hilary Wainwright 56 Jamie King
17 Students for Free Culture 57 Vittorio Bertola
18 Free Software Foundation India 58 Marco Berlinguer
19 Nagarjuna G. 59 Universidad Nómada
20 John Howkins 60 ASACC / Carmen Zapata
21 Foundation for a Free Information Infras- 61 REEM
tructure (FFII)/ Alberto Barrionuevo 62 Toni Verger
22 ALQUA 63 Science, Education and Learning in Free-
23 Isaac Hacksimov dom (SELF)
24 Dyne.org Foundation/Denis Jaromil Roio 64 Ignacio de Castro Arribas
25 The Open Standards Alliance/Stefan Mar- 65 Maria Claudia de Azevedo Borges
siske 66 Exit
26 David Evan Harris 67 CSDVA
27 David Hammerstein 68 La impròpia
28 Joan Subirats 69 Josean Llorente
29 Fundación Karisma
30 Carlos Sanchez Almeida
31 Conservas
32 FLOSS Manuals
33 David Maeztu
34 Josep Jover
35 Patricia Vila
36 Javier Candeira
37 IT-Political Association
6, Adhesiones
1 Gnowledge lab
To be continued...
Versión completa
A versión completa deste documento, con referencias, fontes e un glosario, está dispoñible en http://fcforum.net/charter_extended
Licencia dual
Esta carta está publicada cunha licencia dual. Podes volvela a publicar
usando calquera destas licencias:
• Creative Commons Recoñecemento- Compartir baixo a mesma
licencia 3,0 Unported.
• Licencia de documentación ceibe de GNU
Créditos e Recoñecemento
A traducción ó galego desta carta é unha obra derivada do orixinal, titulada “Carta por la
innovación, la creatividad y el acceso al conocimiento” que se ode atopar en
http://fcforum.net/files/carta-castellano.corta.pdf . A traducción ó galego é de Iván Navas, Bodescu, licénciase dual baixo os mesmos termos do orixinal e pódese atopar nun mirror no séu sitio web, http://www.guiasinformaticas.es/wp-content/carta_corta_gal.pdf, ademáis de na páxina web do FCForum.
Http://fcforum.net
Barcelona, 1

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.